A BTT de 3 horas Non Stop Boiro espera reunir a 300 ciclistas este domingo no polígono de Espiñeira

25 Xaneiro 2023

O Concello de Boiro colabora co club RS Bike na organización da “BTT 3 horas non stop Boiro” que terá lugar este domingo na contorna do Polígono Industrial de Espiñeira. Na presentación, que tivo lugar esta mañá, participaron a concelleira de Deportes, Dores Torrado, o presidente do club, Ramón García,
e o secretario do club, David Rodríguez.
A proba terá lugar este domingo entre as 10.00 e as 13.00 horas nun circuíto de 6 quilómetros e poden participar deportistas federados en modalidade individual ou por parellas, que poden ser masculinas, femininas ou mixtas. “A proba consiste en dar o maior número de voltas posible ao circuíto nas tres horas que dura a proba”, afirmou David Rodríguez.
A proba forma parte da Copa Galicia e dispútanse todas as categorías dende junior ata master 60. As inscricións están abertas ata as 23.59 horas deste mércores 25 de xaneiro e contase con chegar aos 300 inscritos. “É unha proba que transcorre por zonas que non entorpecen nin dificultan á veciñanza
ou tránsito”, afirmou o presidente do club.
O Concello de Boiro colabora coa seguiridade e organización da proba, aportando recursos e medios para que se desenvolva sen incidencias. “Esta proba serve para achegar o mundo da bici á poboación, así como poñer en valor o municipio e os espazos naturais dos que dispoñemos”, afirmou a concelleira de Deportes que animou á veciñanza a achegarse o domingo a ver esta proba.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.