En licitación as dúas marquesiñas do malecón de Ribeira e unha varanda separativa no recheo do porto

04 Xaneiro 2023

O Concello de Ribeira quere mellorar con varias importantes actuacións de seguridade e accesibilidade a contorna portuaria, o que se coñece como malecón ou fachada marítima. Trátase de dúas actuacións: por unha banda, a instalación de dúas novas marquesiñas noutros tantos puntos que carecen desta infraestrutura e, pola outra, a colocación dunha varanda separativa do recheo portuario entre Rosalía de Castro e a terminal de autobuses que se está terminando de edificar.

No tocante ás dúas marquesiñas, co “ánimo de facilitar o uso do transporte público”, en palabras do Concello, implantarase xunto á rotonda na que conflúe Romero Ortiz (no entorno do Centro de Saúde e a Residencia de Maiores e á altura da rúa Rosalía de Castro, polo lado de Portos).

Localización das marquesiñas no plano do porto

As empresas interesadas deberán realizar unha proposta de deseño dos elementos a subministrar, debendo, segundo especifica o Concello, “gardar harmonía coas infraestruturas públicas da contorna” e cunha “estrutura que deberá ser realizada en aceiro galvanizado en quente e calado ou material con características superiores en canto á corrosión e menor necesidade de mantemento”. O prazo de execución son dous meses e o orzamento base de licitación ascende a 29.040 euros, IVE incluído. As empresas interesadas dispoñen ata o 18 de xaneiro á medianoite para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Amais, como dixemos, vénse de licitar a instalación dunha varanda separativa entre o malecón e o recheo portuario no treito comprendido entre Rosalía de Castro e a nova terminal de autobuses. Estará feita de aceiro inoxidábel, estando formada por dúas seccións, unha de 200 metros de longo e 90 centímetros de altura e a outra de 52,5 metros de longo e 50 centímetros de altura. Neste caso o prezo base de licitación ascende a 64.674,50 euros, IVE incluído, e o prazo de execución do contrato son dous meses. As empresas poden presentar as súas ofertas a través do SILEX ata o 19 de xaneiro.

Emprazamento da varanda separativa

Accesibilidade

O Concello fai saber que “non serán estas as únicas actuacións que se van a efectuar no malecón nas últimas semanas”. Así, adxudicouse tamén outra obra de mellora da accesibilidade entre o paseo e a zona portuaria, neste caso no treito comprendido entre Rosalía de Castro e a rotonda na que conflúe Romero Ortiz.

A tal efecto vanse aplicar novos pavimentos de formigón e construír ramplas que permiten a accesibilidade, ademais dun muretes e bordos de granito. O prazo de execución son dous meses. A intervención foi adxudicada á empresa Tarrío & Suárez e supón un investimento de 48.099,76 euros, IVE incluído.

Carril bici

Por outra parte, o Concello explica que tamén se vai estender un novo pavimento anti-escorregante ao carril bici entre o malecón e o paseo das Carolinas, que cambiará de cor a verde para diferencialo mellor da zona de tránsito peonil afianzando a seguridade viaria.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.