Emilio Vázquez presentará no Pazo de Goiáns o libro no que recrea as aventuras do viquingo galego Emil

16 Xaneiro 2023

Este sábado 21 de xaneiro vaise presentar en Boiro, no Pazo de Goiáns, a novela Emil El Rival, do escritor compostelán Emilio Vázquez Fernańdez. A cita literaria será ás 20.00 horas e contará, acompañando ao autor, coa presenza dos concelleiros Marcos Fajardo e María Outeiral.

Esta novela é o o primeiro volume dunha saga viquinga onde se narran as aventuras do líder normando de orixe gaélico que lle dá nome ao libro, desde que non era máis que un raparigo de 8 anos, cando foi convertido en escravo polos guerreiros do norte nunha das súas incursións nas beiras do río Volia (Ulla) até que é levado a Escandinavia e, máis tarde, adoptado polo Jarl (un nobre) da rexión e acaba converténdose, co paso do tempo, en Emil O Rival: un viquingo de ollos marróns e escura e rizada cabeleira.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.