Emilio Palacio aspira a que o Rotogal Boiro Voleibol ofreza a súa mellor versión no duelo ante o Barça

19 Xaneiro 2023

Miguel Álvarez.-O Rotogal Boiro Voleibol recibe pasadomañá (ás 19.00 horas) ao Barça. Farao coa dúbida de Martín Casais, que está na última fase da recuperación dunha lesión no xeonllo. Os da Cachada buscarán os seus primeiros puntos para meterse de cheo na loita pola permanencia.
Emilio Palacio, adestrador do Rotogal Boiro Voleibol, opina que as claves para que o seu equipo póidalle
gañar ao Barça pasan por “que todo o persoal estea en forma e afinada. Necesitamos que os sete que estean no campo ofrezan a súa mellor versión. Outra clave é a parte ofensiva, necesitamos o toque final e estamos a adestrar esta semana para ver se o arranxamos”.
Achega do estado físico de Martín Casais, Emilio Palacio indicou que “está a adestrar moito mellor e está a finalizar o tratamento, pero non o queremos forzar”. O técnico da Cachada tamén falou sobre as posibilidades de que o equipo se reforce no tramo final do campionato: “Estamos a mirar moitas opcións. O mercado é moi complicado a estas alturas e máis na nosa liga, na que quedan dous meses de competición. Pero non queremos facer ningún barullo económico no club e, se non vai mellorar o equipo e vainos a axudar a salvar a categoría, non faremos ningún malgasto de diñeiro”.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...