O Concello de Boiro aclara que non se produciu ningunha vertedura contaminante en montes locais

20 Xaneiro 2023

O Concello de Boiro lanzou un comunicado no que tenta aclarar as cuestións relativas ao depósito realizado pola empresa encargada da xestión do saneamento municipal, os cales indicábase na prensa que podían ser vertidos contaminantes. “Unha vez coñecidos estes feitos o Concello de Boiro solicitou os informes medioambientais e técnicos pertinentes para aclarar esta situación e confirmar que non se trata dun vertido senón dunha limpeza habitual de maquinaria e depósitos municipais”, explicaron fontes do Consistorio, engadindo que “unha vez que fomos coñecedores destes feitos puxemos en marcha unha serie de mecanismos para aclarar estas acusacións e solicitar responsabilidades a todos aqueles que estivesen implicados nestes feitos”.

Captura do vídeo difundido

O tenente de alcalde, Luis Ruiz, sinalou que “as imaxes difundidas teñen lugar nunhas instalacións municipais dos depósitos de auga empregadas pola empresa para o depósito dos seus vehículos. As primeiras consultas realizadas indican dende o primeiro intre que non se trata de ningún vertido, senón de areas retiradas dos depósitos de auga municipal”.

Seguindo esta liña o Concello recoñeceu ter mantido contactos con varios empregados municipais encargados da xestión do abastecemento, que “nos confirmaron que as imaxes difundidas corresponden ao 20 de decembro, día no que se realizaron tarefas de mantemento e limpeza dos depósitos municipais que o Concello de Boiro ten en Boiro de Arriba”. Para a realización destes traballos realizouse o corte do abastecemento municipal de entrada e baleiráronse os depósitos. Amais, o Concello engade que foi solicitada nestas tarefas a presenza de operarios da empresa que se encarga de levar a cabo o mantemento da rede de saneamento, “xa que é necesario aspirar as areas do propio depósito, unha práctica que se leva a cabo deste xeito dende sempre, con independencia da firma que realiza o servizo”, confirmou o concelleiro Luis Ruiz, engadindo que “o informe de medio ambiente sobre a presenza de vertidos contaminantes procedentes da rede de saneamento no lugar das instalacións públicas dos depósitos de auga manifesta que non se atopa ningún resto de ningún tipo de vertido contaminante”.

E engadiu: “Queremos transmitir tranquilidade á veciñanza xa que se trata dun malentendido por non contrastar a información e fiarse dunhas imaxes, os informes solicitados confirman que non se trata de ningún vertido senón a auga da limpeza dos propios depósitos”, afirmou o tenente de alcalde, explicando tamén que “a empresa encargada da xestión do saneamento conta con todas as autorizacións medioambientais necesarias para o desenvolvemento do seu traballo e realiza o depósito de residuos da limpeza da rede de saneamento e baleirado das fosas seguindo os medios pertinentes na estación depuradora de Cabo de Cruz”.

Tamén fixo saber que o Concello de Boiro leva a cabo “de forma totalmente autónoma” o investimento en traballos e tarefas de mellora para a optimización do servizo de saneamento. “Faise mención nas informacións a unha achega de catro millóns de euros, que foi realizada pola Xunta de Galicia, unha entidade da que solicitamos en numerosas ocasións arranxos na rede de saneamento e non obtendo ningunha resposta”, lamenta o concelleiro Luís Ruiz.

Tamén aludiu a que dende o ano 2019 púxose en marcha por pare do Concello de Boiro un servizo municipal de saneamento con operarios propios que levasen o control directo do servizo. “Cando chegamos ao Goberno local atopámonos un servizo de saneamento que estaba totalmente en mans de empresas externas ao Concello e sobre as que non había ningún tipo de control e non habendo ningún traballador municipal que fose coñecedor do estado da rede”, afirmou o concelleiro. Así, para emendar esta situación, sinalou que se realizou a contratación dunha empresa que fixese un mantemento periódico de toda a rede de saneamento, máis alá de actuar sobre as avarías puntuais. “Fíxose unha auditoría dos 41 pozos de bombeo para coñecer en que situación se atopaban as bombas e evitar os gastos innecesarios de reparacións que se estaban a levar a cabo, e o resultado desa auditoría foi a posta en manifesto dunhas bombas de abastecemento obsoletas e cun consumo enerxético moi alto e unha capacidade de traballo moi deficiente”, recoñeceu Luís Ruiz, engadindo que “de xeito paulatino fóronse renovando os pozos de bombeo o que supuxo un aforro de enerxía próximo ao 25% e o número de reparacións anuais diminuíu nun 40%”. E conclúe: “O resultado da xestión destes catro anos en canto ao sistema de saneamento supón unha mellora no servizo, logrando unha maior eficiencia no servizo e cun aforro económico”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política”. José Manuel Pena

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

“La felicidad”. José Antonio Constenla

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...