“De Twingo a Ferrari pasando polo mal tempo e o xurelo que non ven”. Antón Luaces

16 Xaneiro 2023

Roberto, meu parente capitán de pesca, colgou no face book un vídeo que nos permite comprobar en terra as consecuencias das borrascas que se abaten no Gran Sol sobnre os pesqueiros que van á capa.

A “Gerard” sacude forte en plan borrasca naquelas latitudes e aquí queixámonos do vento, as ondas de 6 ou 7 metros de altura e a chuvia que nos obriga a coller o Twingo porque o Ferrari fóise co vento da cantante mentres o xurelo se agocha onde pode tentando non ir morrer ás praias do Fisterra francés. É a invernía, que ataca cando e onde debe. Era hora, porque o cambio climático está a descontrolar absolutamente todo e o futbolista retirado perde por mor do vento o son shaquiriano que abaneou as noites ata poñer maniotas nos cadrís de máis de catro con ritmo de bubucela. Demasiadas calores para estes fríos tempos actuáis.

Non son boas novas as que chegan do mar. E a ondaxe Piqué-Shakira mobiliza canto pode haber de programas do corazón en todas as televisión, radios e xornais porque é o que importa. A negativa á concesión de máis toneladas de xurelo para os barcos da Galicia sobmetida aos ataques do temporalazo no mar (con aviso vermello para este martes de nin te cases nin te embarques na costa) bota enriba a obriga de amarrar porque con esta vaga de mar e vento hai que acubillarse e asubiar de costas ao vento.

Os mil quilos de xurelo por marea non dan nin para a venda en negro, sistema que o Goberno tenta erradicar aplicando medidas por real decreto que non fan outra cousa que foder un pouco máis a aqueles que amarran porque o mal tempo obriga. Días de descanso sen a máis mínima subvención. Uns días para escoitar a Manolo Bacallao e o seu “cabaleiro ou anjo” e deixar a Shakira para o café de primeira hora da tarde, cando moitos din que durmen as reportaxes de faunas diversas da Tv2.

Non, non vai haber marcha atrás por parte do Ministerio do señor Planas. O que o queira así, ben; pero para o que non o asuma queda o amarre e a tirar do cabo soñando co twingo.

Mala cousa esta do mal tempo. E non me cadra nada ese ir dunha a outra banda dicíndose a través dos medios de comunicación  o que probablemente non foron quen de se dicir  cara a cara, casio a casio.

Outros artigos

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

+

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...

+

“Más amenazas para Galicia”. José Castro López

En el proceso de industrialización que está proyectado, Galicia puede ganarlo todo, perotambién puede perderlo todo. En los últimos días ha perdido el corredor del hidrógenoverde Guitiriz-Zamora, fondos europeos para cinco proyectos industriales y la fábrica dellantas...

+

“Lexitimidade democrática do BNG? “. Carlos Moledo

Un coñecido neurólogo e escritor español xa falecido, Carlos Castilla del Pino, ocupado nos seus intres libres en reflexións cargadas de sentido común, deixou dito o que a todos se nos antolla obvio, “hai erros na vida, e hai vidas erradas: son cousas distintas”. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión