Convocadas as axudas ó transporte para o estudantado pobrense no curso académico 2022-2023

11 Xaneiro 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal convoca novamente unha liña de axudas económicas para o
estudantado pobrense para desprazamento a centros de ensino. A contía total destinada a estas achegas ascende ós 9 000 euros para o curso académico 2022-2023. O importe máximo para cada persoa beneficiaria oscila entre os 100 e 150 euros, dependendo da distancia ó centro de estudos.
A Administración local pretende así colaborar economicamente coas familias de menor renda para a realización de estudos oficiais, pois constitúe esta canle a máis axeitada para a dita finalidade.
O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), neste 11 de xaneiro. A tramitación efectuarase na Oficina Municipal de Información de Consumo (OMIC), situada na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, co teléfono de contacto 981831545, marcando a opción 3.
As persoas que concorran deben de cumpri-los requisitos que se detallan na convocatoria e poderán ser beneficiarias/os as/os estudantes que estean a realizar algún dos seguintes estudos: ensinos universitarios
adaptados ó Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de grao e de máster; ensinos universitarios conducentes ós títulos oficiais de licenciatura, enxeñaría, arquitectura, diplomatura, mestra/e, enxeñaría técnica e arquitectura técnica; complementos de formación para o acceso ó máster, grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura; ensinos da formación profesional; ensinos da educación especial; ou bacharelato para opcións non ofertadas nos centros da Pobra do Caramiñal ou que non dispoñan de prazas vacantes. A convocatoria das ditas axudas está publicada na páxina web do
Concello, onde ademais se indica a documentación que se debe presentar.

Outros artigos

Detido en Boiro un home por venda de cocaína

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a un veciño da localidade como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras ser sorprendido vendendo cocaína na vía pública. A investigación iniciouse grazas a comunicacións anónimas recibidas, que alertaban...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...