CONGALSA mostra este mércores na Coruña as posibilidades de crecemento empresarial que achega a Intelixencia Artificial

31 Xaneiro 2023

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD), en colaboración coa operadora de orixe galega R, pon en marcha un encontro APD Talks con expertos para falar sobre Intelixencia Artificial nas empresas. A cita, este mércores 1 de febreiro, desenvolverase na sede Light & Studio, coincidindo na Coruña cos últimos días da mostra AI : More than Human, que os asistentes poderán visitar con guía ao final da xornada. O programa inclúe unha mesa redonda coa empresa pobrense CONGALSA, referente non só do ámbito alimentario galego senón tamén do panorama actual de transformación tecnolóxica empresarial.

Como empregar a IA para o crecemento do teu negocio? é o título da xornada de charlas e coloquios, enmarcada nos encontros APD Talks da Asociación para o Progreso da Dirección, que se desenvolverá este mércores na Coruña, en horario de 16:00 a 18:10 h, no espazo de Light & Studio na Coruña (praza de María Pita, 13, baixo esquerda).

A idea é “profundar nas posibilidades que para a empresa de hoxe atesoura un tipo de intelixencia que marca e marcará unha nova era nun mundo cada vez máis dixitalizado: a Intelixencia Artificial”, explican APD e R, engadindo que o obxectivo concreto é “ofrecer aos altos responsábeis de empresa e profesionais de primeira liña claves aclaratorias de até que punto as ferramentas de IA son importantes para que as empresas desenvolvan o seu potencial e poidan medrar e competir optimizando recursos”.

Falarase tamén dos riscos e a fiabilidade da IA aplicada a procesos da organización e reforzarase o contido da xornada con casos reais de uso destas ferramentas disruptivas en diversas áreas de negocio.

Tras a apertura e introdución do evento por parte de Ana Sánchez, directora de APD Noroeste e de Alfredo Ramos, director de R, o responsábel comercial de Analítica e IA da operadora galega e da súa unidade operativa (BAI Analytics), Adrián Bertol, manterá con David Sánchez, responsábel de Produto e Desenvolvemento de Negocio da consultora tecnolóxica Baobab, un coloquio titulado Como a Intelixencia Artificial entende a linguaxe humana e pode axudar ao negocio. En palabras de Bertol “as empresas que usan os seus datos e analízanos teñen unha vantaxe competitiva moi importante. A IA non é algo do futuro, senón de hoxe”.

A tarde proseguirá coa mesa redonda A IA nos negocios, onde tomarán parte tamén Roberto Baratta, director de Prevención de Perda, Continuidade de Negocio e Seguridade de Abanca, e a responsábel de Tecnoloxías da Información (CIO) da firma de conxelados e alimentación CONGALSA, Noemí Gil. Na mesa pasarase das ideas á realidade para falar da IA na empresa con referencias de casos concretos de aplicacións das novas ferramentas contados polos seus protagonistas.

A xornada finalizará coas preguntas do auditorio, que poderá interactuar cos/as relatores e resolver as súas dúbidas e inquietudes ao redor das aplicacións da IA na empresa.

Axenda

16.00 h Recepción de asistentes

16.30 h Apertura

16.35 h Coloquio. Como a IA entende a linguaxe humana e pode axudar ao teu negocio

17.15 h Mesa redonda. A IA nos negocios.

18.00 h Coloquio

18.10 h Fin do encontro

18.30 h Visita guiada á exposición IA More Than Human

A xornada contará coa colaboración da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), cuxos/as integrantes poderán participar de balde na actividade. As persoas interesadas deberán enviar un mail a comunicacion@aetg.gal solicitando o código de convite para poder facer a inscrición gratuíta á xornada na ligazón específica habilitada.

A sede principal de CONGALSA na Pobra do Caramiñal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.