Chega a segunda edición do programa de actividades Miscelánea en movemento, impulsado polo Concello de Boiro

11 Xaneiro 2023

O Concello de Boiro, a través da área de Igualdade, vai realizar unha nova edición do programa de actividades culturais, saudábeis e creativas Miscelánea en movemento. A concelleira de Igualdade, Dores Torrado, realizou este mércores 11 de xaneiro a presentación da axenda programada xunto coa mestra de ballet de Cen Pliés, Susana Muñiz, e a mestra de baile de Xilbarbeira, Conchi Carro.

Segundo dixeron, este nova edición vaise desenvolver entre os meses de xaneiro e febreiro de 2023 e está composto de propostas para traballar o movemento en persoas adultas e tamén familias. Tamén recalcaron que todas as actividades “son de balde” e “teñen como obxectivo favorecer a conciliación laboral e familiar co ocio”. E engadiu Torrado: “É a segunda edición desta iniciativa, que engloba propostas vencelladas á muller e involucra a colectivos e entidades do municipio”.

Obradoiro de baile tradicional

Unha das actividades previstas é un obradoiro de iniciación ao baile tradicional coa asociación Xilbarbeira para crianzas maiores de 3 anos. Será os domingos 22 e 29 de xaneiro e os días 5 e 12 de febreiro ás 12.00 horas no local multiusos do Mercado Municipal de Boiro. “Trátase dunha proposta pensada para a conciliación familiar que contempla a parte cultura, social e tamén física”, afirmou Conchi Carro.

Tamén está programada unha actividade de ximnasia hipopresiva con Verónica Couselo de Pilates Boiro, o sábado 28 de xaneiro ás 11.00 horas no Centro Social de Boiro; e máis un obradoiro de iniciación ao swing con Carlos Tomico o sábado 4 de febreiro ás 11.00 horas no local Leñaverde do Centro Social de Boiro.

O programa engloba tamén un taller de equilibrio en movemento impartido por Susana Muñiz o sábado 11 de febreiro ás 18.00 horas no Centro Social de Boiro. “É un obradoiro que ten como finalidade traballar o equilibrio, unha capacidade fundamental para o día a día“, recoñeceu Susana Muñiz.

As inscricións estarán abertas entre o 12 e o 30 de xaneiro de deben facerse no Rexistro Xeral ou na sede electrónica do Concello. O modelo de instancia e toda a información sobre as actividades está dispoñible na web municipal (boiro.gal) ou a través do enderezo electrónico cim@boiro.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.