Boiro convoca bolsas para deportistas e axudas para clubs e entidades deportivas do municipio

30 Xaneiro 2023

O Concello de Boiro convoca bolsas para deportistas federados do municipio e unha liña de axudas destinadas a clubs e entidades deportivas.
para estas liñas de axudas e a promoción do deporte federado, o Concello de Boiro destina un importe total de 72.800 euros. A concelleira de Deportes, Dores Torrado, e o técnico de Deportes, Antón Gallardo, falaron máis polo miúdo das dúas liñas de concorrencia.
No marco das competencias das entidades locais para o fomento de actividades deportivas e lúdicas, o Concello de Boiro convoca unha liña de axudas para clubs e entidades deportivas federadas do municipio co obxectivo de apoiar a súa participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou estatal nas distintas modalidades deportivas. “O obxectivo destas bolsas é apoiar o funcionamento ordinario dos clubs e apoiar aos deportistas do municipio na participación en probas. Nos últomos dous anos logrouse un incremento de mais da metade nas bolsas, chegando a máis deportistas, e dun 30% nas axudas a clubs”, afirmou a concelleira de Deportes.
En total vaise destinar un importe de 63.050 euros que estará destinado a financiar os gastos federativos; seguros, salarios e seguridade social; gastos de xestión; gastos publicitarios ou de comunicación; gastos de vestimenta e lavandería; formación, ximnasio, fisioterapia e farmacia; gastos derivados de desprazamentos, hospedaxes, aloxamentos e manutencións; arbitraxes; premios e trofeos; así como outro equipamento deportivo. “Optan a estas axudas uns 40 clubs deportivos do municipio e para a súa concesión valorase a antigüidade, o número de licencias federativas, os equipos en categorías
oficiais…”, afirmou o técnico de Deportes.

O goberno local aprobou tamén as bases e convocatoria de bolsas para deportistas federados da localidade, ás que se destina un total de 9.750 euros, e que teñen como obxectivo apoiar o esforzo realizado por deportistas locais nas súas respectivas modalidades. As persoas beneficiarias destas axudas
deberán ter entre 9 e 23 anos; esta empadroados en Boiro; ter licencia federativa en vigor; e ter participado, na tempada anterior, en campionatos ou probas oficiais.
O Boletín Oficial da Provincia do 25 de xaneiro de 2023 publica as bases e convocatoria das dúas liñas de axuda. O prazo de presentación de solicitudes das bolsas a clubs e deportistas federados do municipio é dez días hábiles e estará aberto ata o vindeiro 8 de febreiro. As bases da convocatoria e toda a
información para participar nas distintas convocatorias de axudas serán publicadas na web municipal ( www.boiro.gal ).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.