Boiro acolle este venres unha charla sobre como axudar ás persoas con trastorno TDAH

Este venres 27 de xaneiro vaise celebrar na Casa da Cultura de Boiro unha charla sobre TDAH. Será ás 20.00 horas. A actividade, organizada pola ANPA Torre Goiáns, será impartida polas psicólogas sanitarias Claudia Balado Alves e Sara Martín Suárez. Quen precise máis información sobre a charla, pode solicitala a través do correo info@fundacioningada.net. Os asistentes recibirán claves e recursos útiles e prácticos que lles sirvan de axuda no seu día a día con persoas con TDAH.

Para quen non o saiba, TDAH son as siglas de trastorno por déficit de atención e hiperactividade, un dos trastornos neurolóxicos do comportamento máis comúns na nenez.