Barbanza Arousa presentou en FITUR unha innovadora peza audiovisual en clave cinematográfica

20 Xaneiro 2023

A Mancomunidade Barbanza Arousa presentou este mércores 18 xaneiro, no marco de FITUR 2023, un novo audiovisual que traslada aos espectadores ás vivencias que o destino ofrece aos seus visitantes. Trátase dunha peza en formato cinematográfico que escolma e compendia os atractivos dos catro concellos de Arousa Norte (A Pobra, Boiro, Rianxo e Ribeira) a través dunha das moitas historias que se poden vivir na comarca. O vídeo serve de complemento á guía presentada na anterior edición do FITUR por Barbanza Arousa, na que se recollían centos de propostas para gozar de Barbanza Arousa a través do deseño de experiencias e a súa posta a disposición do mercado a través de axencias de viaxes.

“Este ano”, informou a mancomunidade, “buscouse transmitir ao público unha historia a través da que vivir e descubrir Barbanza Arousa, mostrando pinceladas do que unha estadía no territorio pode achegar aos turistas que así queiran gozalo”. A campaña fai fincapé “no valor das empresas e actividades locais, fundamentais para o desfrute do visitante”. Así mesmo, engade a entidade supramunicipal, esta nova edición de FITUR serviu para comunicar a concesión dun Plan de Sustentabilidade Turística que baixo o título Viaxe a través dos sabores suporá “un impulso definitivo á promoción e comercialización do destino, definíndose como unha comarca turística na que a enogastronomía sexa o eixo central dos seus atractivos”.

A presentación iniciouse da man da xerente da Mancomunidade, Fátima Cachafeiro, que fixo fincapé “nas inmensas posibilidades que ofrece o territorio ao longo dos 365 días do ano”.

A continuación, proxectouse o audiovisual, cualificado de “innovador” polo seu carácter cinematográfico, que espertou o interese absoluto do público asistente.

O acto continuou coa intervención de José Ramón Romero, presidente da Mancomunidade, e de Antonio Leira, deputado provincial da Coruña, que destacou a importancia de conseguir a implicación do tecido empresarial na estratexia turística.

A continuación, realizou a súa intervención Gonzalo Trenor, delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, na que remarcou que o territorio posúe “unha oferta rica, variada e integrada, adaptada ás esixencias do turista”.

O acto foi pechado por Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, que coas súas palabras quixo remarcar que o plan de sustentabilidade de Barbanza Arousa foi “un exemplo para imitar, sendo o mellor valorado e presentado desta última convocatoria”.

A participación da Mancomunidade Barbanza Arousa en FITUR 2023 continuou cunha importante axenda de reunións con operadores turísticos, seguindo coa estratexia xa iniciada o pasado ano coa venda de experiencias e paquetes turísticos en territorio nacional e en Portugal. Así mesmo, a mancomunidade salientou que o foro, referente estatal e internacional do eido turístico, “permitiu o establecemento de sinerxías con outras entidades públicas a través de proxectos de alto valor engadido e potenciación conxunta das marcas individuais de cada un”.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...