Barbanza Arousa inicia a implantación do sistema integral de calidade en destino SICTED

24 Xaneiro 2023

A Mancomunidade Barbanza Arousa, ao abeiro da súa estratexia de colaboración público-privada, está a iniciar a implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, SICTED, entre os axentes turísticos do territorio. Para divulgar as posibilidades e vantaxes de xestión, promoción, visibilidade e prestixio que se abren con esta integración, o próximo 1 de febreiro celebrarase no Viveiro de Empresas de Espiñeira (Boiro), ás 10:00 horas, unha reunión informativa sobre a adhesión dos axentes turísticos ao SICTED, á que están convidadas todas as entidades turísticas interesadas.

Segundo explica a mancomunidade, o SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias), que traballa con servizos turísticos de ata 36 oficios diferentes, podendo participar todos os establecementos que se atopan no círculo do consumo do turista como transporte, aloxamento, restauración, comercio ou axencias de viaxes entre outras.

O obxectivo último é “mellorar a experiencia e satisfacción do turista”. Porén, engade Barbanza Arousa, para os servizos turísticos que decidan adherirse ofrece beneficios tales como “mellorar a xestión interna, dispoñer dunha referencia para mellorar o seu traballo, incrementar a cualificación do persoal, compartir experiencias con empresarios do mesmo sector, participar no maior proxecto de calidade turística desenvolto en España con máis de 9000 servizos turísticos participantes ou optar a un distintivo que acredita o nivel de calidade turística, recoñecendo o esforzo realizado a nivel nacional e internacional”.

En palabras da entidade supramunicipal, a convocatoria desta reunión é “o primeiro paso que damos de cara ao desenvolvemento do proceso de certificación que amosará os seus primeiros froitos esta vindeira tempada estival”.

Para asistir a esta reunión informativa é preciso inscribirse a través do correo electrónico info@barbanzarousa.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.