Arrinca a 5ª edición do programa de inmersión lingüística 21 días co galego e +, orixinado na Pobra

24 Xaneiro 2023

Volve o programa de inmersión no galego concibido no IES da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, a través do cal convídase ao alumnado de secundaria a vivir preto de tres semanas vivindo, pensando, comunicándose e creando en galego. Estamos a falar do programa 21 días co galego e+, impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e cuxa proposta orixinal (agora amplificada a máis centro polo dito departamento da Consellería de Educación e Cultura) ten o seu xermolo no IES da Pobra. A nova edición (a quinta) foi presentada este martes 24 de xaneiro. Participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez. A cita foi no IES Rafael Dieste da Coruña, participante na iniciativa. Tamén interviñeron o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o director do dito instituto, Mateo Torres, e a profesora e creadora da iniciativa, Pilar Ponte.

A Coruña O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, participan na apertura do programa escolar 21 días co galego e +. No instituto IES Plurilingüe Rafael Dieste 24/01/2023 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Segundo fixeron saber, esta nova edición desenvolverase en 12 centros galegos entre o 24 de xaneiro e o 13 de febreiro. Participarán 4.564 persoas entre alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos, “unha cifra que supera nun 20% a do ano pasado e que supón, ademais, a máxima participación nos cinco anos de traxectoria que suma esta iniciativa de dinamización lingüística”, sinalaron.

A Coruña O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, participan na apertura do programa escolar 21 días co galego e +. No instituto IES Plurilingüe Rafael Dieste 24/01/2023 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Por certo que ao acto de apertura de hoxe na Coruña iranse sumando, nos días vindeiros, cadansúas inauguracións nos 11 centros adscritos restantes.

Baixo o lema Falando para un mundo mellor, co que se busca “motivar á rapazada a medrar no uso do galego”, o alumnado do último ciclo de Primaria, ESO, Bacharelato e FP intensificará voluntariamente a súa expresión en galego durante os 21 días que funciona o programa. Disto quedará constancia no blog 21diascogalegoemais.gal, o soporte central da iniciativa, no que se mostrarán as creacións dos centros participantes, así como tamén nas contas de Facebook, TikTok, Instagram e Twitter.

No acto de inauguración tamén se fixo saber que 21 días co galego e + manterá a colaboración externa co programa Galicia por diante, da Radio Galega, onde terá unha sección diaria de luns a venres durante estas tres semanas; e co programa Dígocho eu!, da CRTVG, que terá encontros co alumnado dos 12 centros educativos.

Como novidade, este ano celebrarase o I Encontro 21 Días co Galego e +, que reunirá o alumnado de todos os centros participantes o vindeiro 28 de febreiro no Gaiás para compartir moita lingua a través das súas experiencias no programa.

A Coruña O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, participan na apertura do programa escolar 21 días co galego e +. No instituto IES Plurilingüe Rafael Dieste 24/01/2023 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Centros participantes

Os centros participantes varían cada ano e, por segundo ano consecutivo, son 12. Neste curso 2022/23 o programa desenvolverase no IES Plurilingüe Rafael Dieste (A Coruña), IES de Melide (Melide), CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) e CPR Divino Maestro (Santiago), todos eles na provincia da Coruña; no CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Xesús (Ribadeo) e IES María Sarmiento (Viveiro), na provincia de Lugo; no IES Nº1 do Carballiño (O Carballiño) e CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas), en Ourense; e no CPI Plurilingüe Alfonso VII (Caldas de Reis), CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios (Nigrán), IES Aquis Celenis (Caldas de Reis) e IES A Basella (Vilanova de Arousa), na provincia de Pontevedra.

Na inauguración explicouse tamén que “esta iniciativa de dinamización lingüística naceu para estimular o uso do galego no alumnado e perfeccionalo dentro e fóra das aulas”. Como dixemos, ten a súa orixe na experiencia posta en macha en 2013 no IES da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, e que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística, en 2016 un recoñecemento da Real Academia Galega e no 2019 o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua. Desde o ano 2019 foi asumido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que inicialmente o desenvolveu en catro centros educativos, un por cada unha das provincias galegas.

Outros artigos

A Pobra dará a benvida ao Nadal no 2 de decembro

O prendido das luces e máis a inauguración do belén municipal marcarán o inicio do Nadal na Pobra do Caramiñal neste 2 de decembro. O acto terá lugar na praza Alcalde Segundo Durán, ás 18.00 horas, cando se ilumine a árbore alí situada e os Xardíns de Valle-Inclán,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Villa de Pitanxo: quen minte aquí, señoría?”. Antón Luaces

“Villa de Pitanxo: quen minte aquí, señoría?”. Antón Luaces

Case que dous anos despois do naufraxio en Terranova do arrastreiro de Marín "Villa de Pitanxo", seguen as contradicións nas declaracións do patrón e un sobriño deste, as da casa armadora Nores, e un mariñeiro ghanés, tripulante do buque afundido a cuxas teses se...