Amorodio Teatro realiza este xoves en Rianxo a preestrea de A Nai

18 Xaneiro 2023

A compañía Amorodio Teatro vai realizar este xoves 19 de xaneiro a preestrea da súa segunda peza teatral, a A Nai. Será no Auditorio Municipal de Rianxo, onde as integrantes da agrupación levan instaladas dende o luns día 9 poñendo a punto a devandita función, dirixida por Marián Bañobre e escrita por Laura Porto. A preestrea será ás 20:00h.

A compañía Amorodio

A Naiconta a historia silenciada durante anos das Irmás Touza, veciñas de Ribadavia, vila onde está previsto estrear a peza o vindeiro 21 de xaneiro, xa que como di a compañía, “a historia naceu neste pobo e é neste pobo onde tiñamos que estrear”. A Nai, engaden, é “un espectáculo teatral multidisciplinar, que emprega ferramentas do teatro documento e da autoficción, sen perder nunca o sentido do humor”. O espectáculo aborda de cheo a historia das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas xudías durante o Holocausto. Grazas á estimábel contribución humanitaria destas mulleres, a peza aborda a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral. “Empregando a memoria como ferramenta de análise para o presente, e material de construción para o futuro, trázanse relacións entre a vida e obra das irmás e as vidas dos propios intérpretes, tratando de establecer un paradigma de acción ética que abra unha vía para construír unha sociedade mellor a través da acción individual”, explican dende a compañía.

As irmás Touza de Ribadavia, as anti-nazis galegas

Carmen Facorro, Javier Castiñeira e Raquel Velasco , son as intérpretes que, mesturando a súa vida coa das Touzas, intentarán contarnos esta historia de valentía e entrega polos demais enriba das táboas.

Amorodio Teatro agradeceu ao Concello de Rianxo as facilidades brindadas para a materialización do espectáculo a través desta residencia técnica. Tamén agradeceu a axuda de todos os concellos e institucións que colaboraron no proceso para que A Nai fose posíbel, tales como a Xunta de Galicia, AGADIC, o Concello de Ribadavia, o Concello de Caldas de Reis, o Concello de Santiago de Compostela e a confitería Sila.

A dita peza conta na vertente escenográfica co binomio formado por Asdúasepunto (Carmen Casal e María Torres) e na parte lumínica con Violeta Martínez. Pola súa banda, Raquel Crespo é a encargada de vestiario e a produtora Enibó, composta por Adolfo Fernández e Lucas Lombardo, é a responsábel da realización dos audiovisuais. Os grafismos correrán a cargo de Xoán Brégoa.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.