Adxudicadas sete pavimentacións en Carreira, Corrubedo e Ribeira

05 Xaneiro 2023
Avenida Miguel Rodríguez Bautista Ribeira

O Concello de Ribeira vén de adxudicar un total de sete pavimentacións noutros tantos puntos situados nas parroquias de Carreira, Corrubedo e Carreira, e que suman un valor superior a 232.000 euros. En concreto, as actuacións que se van a executar e as entidades adxudicatarias son as seguintes:
En Ribeira:

Pavimentación con aglomerado asfáltico dun tramo da rúa Barbanza e a vía transversal, sumando unha superficie de 1.660 metros cadrados. Foi adxudicada a Canarga por un importe de 31.915 euros, IVE incluído.

Pavimentación dun tramo de Miguel Rodríguez Bautista: paviméntase con aglomerado o tramo comprendido entre o cruce coa rúa Canarias e a praza do Centenario. Adxudicouse á empresa Marconsa por 36.401,19 euros, IVE incluído.

Rúa Canarias: pavimentación con bituminosa en quente do vial. Foi adxudicada a Canarga por importe de 30.262 euros, IVE incluído.

Pavimentación con bituminosa en quente do tramo de rúa Galicia comprendido entre o mercado municipal e a rotonda de Padín. Foi adxudicado a Canarga por 34.367,99 euros, IVE incluído.
En Carreira:

Camiño entre o campo da Guía e a pista Vilar-Vixán: o firme actual de terra será renovado e acondicionado con aglomerado asfáltico, previo desbroce e limpeza da zona de actuación. Foi
adxudicado a Tamara Fernández Pérez por 33.386,52 euros, IVE incluído.

Estrada de Laxes: pavimentación con aglomerado asfáltico previa demolición parcial do existente na entrada a fincas e cruces para conexións de pluviais. Adxudicouse a Marconsa por 44.623 euros, IVE incluído.
En Corrubedo:

Pavimentación de varios tramos da rúa Buenos Aires: adxudicouse a Marconsa por 21.128,72 euros, IVE incluído.

Rúa Canarias Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.