Adxudicada provisionalmente a instalación dunha varanda que separe a avenida do Malecón da contorna portuaria

30 Xaneiro 2023

A mesa de contratación do Concello de Ribeira adxudicou provisionalmente as obras para a instalación dunha varanda separativa entre o paseo do Malecón e a zona portuaria. Entre as seis ofertas presentadas a que obtivo a mellor puntuación resultou ser a presentada por Juan José Pacheco Revuelta (Talleres Birlongo), cunha proposta económica de 50.578 euros, IVE incluído.

Esta iniciativa está dirixida a colocar un equipamento de seguridade que marque a división entre o Malecón e a zona portuaria, no treito comprendido entre Rosalía de Castro e a nova parada central de autobuses. A estrutura estará feita de aceiro inoxidábel e formada por dúas seccións, unha de 200 metros de longo e 90 centímetros de altura e a outra de 52,5 metros de longo e 50 centímetros de altura.

O Concello tamén informou do inicio (unha vez concluídos os traballos de demolición ao antigo pavimento afectado) do formigonado do tramo do Malecón comprendido entre Rosalía de Castro e a antiga estación de autobuses no marco dunha actuación que ten por obxecto mellorar a accesibilidade entre esta avenida e o recheo portuario.

Os traballos están sendo desenvolvidos pola empresa Tarrío & Suárez. O proxecto comprende a construción de ramplas de acceso, muretes e bordos de granito.

Outras actuacións previstas na mesma zona son a instalación de dúas novas marquesiñas singulares (hai tres ofertas presentadas na licitación) e o cambio de pavimento no carril bici.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.