A Xunta reitera ao Club de Remo da Pobra a disposición a regularizar o uso das súas instalacións

04 Xaneiro 2023

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, mantiveron hoxe un encontro con representantes do Club de Remo da Pobra do Caramiñal no que lle trasladaron a total disposición do Executivo galego a regularizar o uso das instalacións que ocupa na actualidade. Ese espazo é de titularidade autonómica e a súa ocupación sen autorización específica implica a emisión das correspondentes taxas sen a bonificación da que se beneficiaría o club de ter regularizada a situación.
Neste sentido, os representantes da Xunta trasladaron que, unha vez que o Concello da Pobra presentou a solicitude para poder empregar as instalacións e á espera de estudar a documentación presentada, Portos de Galicia vai axilizar o máximo posible a tramitación do expediente para evitar posibles prexuízos á entidade deportiva local.
Susana Lenguas e José Ramón Lete lamentaron ademais que o Goberno local da Pobra tardase tanto en solicitar esa ocupación cando o propio alcalde se comprometera en distintas reunións celebradas desde o ano 2020 a facelo co obxectivo de apoiar a actividade do club de remo.
Os representantes da Consellería do Mar e da Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes incidiron en que, se a solicitude presentada polo Concello da Pobra cumpre todos os requisitos e vai acompañada da documentación correspondente, podería concederse a autorización, o que permitiría ao club acceder a esa bonificación das taxas.
A presidenta de Portos de Galicia salientou que a vontade da Xunta foi desde o primeiro momento buscar unha solución coa que a entidade puidese beneficiarse desa rebaixa de taxas -ben mediante autorización ao concello ou ao propio club- para facilitar o mantemento da súa actividade e dos servizos que presta aos deportistas da súa área de influencia.
Pola súa banda, o secretario xeral para o Deporte salientou a oportunidade de axudar a un club de remo histórico para Galicia, nado en 1979 e que desde 2009 recibiu do Goberno galego preto de 57.000 euros en diferentes liñas de axudas. Do mesmo xeito, destacou a importancia do club da Pobra para o deporte base, co campionato de España de bateis en categoría infantil que conquistou en 2022.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...