A Xunta mellora o Pavillón Agustín Mourís de Noia con achegas de máis de 50.000 €

13 Xaneiro 2023
Xunta de Galicia

A Xunta investiu máis de 50.000 € en melloras no pavillón municipal de Noia Agustín Mourís. A ampliación permite sumar 66 m2 na zona superior do corpo auxiliar do pavillón, e dispoñer dunha maior cabida de público e dunha sala de prensa.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou este venres o pavillón municipal de Noia Agustín Mourís, no que a Xunta investiu máis de 50.000 € en melloras. Destináronse 38.500 € á ampliación da cabida, orzamentada en 48.172 €, e 12.000 € á instalación dun videomarcador, cuxo custo foi de 15.000 €.

Asistiron tamén o alcalde, Santiago Freire; a edil de Deportes, Laura Salgado; a deputada Ana García; o xefe do servizo provincial de Deportes, Roberto García; e o presidente do Noia Futsa, Severo Barreiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.