A Xunta concede 62.000 euros a Outes para crear unha escola infantil municipal con 30 prazas

11 Xaneiro 2023

A Xunta concedeu unha axuda de 62.000 euros ao Concello de Outes para a creación dunha escola infantil municipal de 30 prazas. A conselleira de Política Social e Xuventude, a ribeirense Fabiola García, visitou este mércores 11 de xaneiro o lugar das vindeiras instalacións, situadas no edificio do antigo CEIP Emilio de Navasqües. Fíxoo acompañada do alcalde Manuel González, e doutros membros da Corporación local. Segundo informou, a atención educativa que se dispense dende o inmóbel será de balde para as familias “grazas ao financiamento do Goberno galego a todos os centros da Comunidade”.

A conselleira concretou que esta actuación suporá ampliar en 10 prazas o actual Punto de Atención á Infancia (PAI) de Outes que se converte así nunha escola infantil. Esta axuda procede da orde para a creación de prazas de titularidade municipal que beneficia a unha vintena de concellos e permitirá crear máis de 450 novas prazas de atención 0-3 anos.

Fabiola García sinalou que Galicia “tense convertido nunha referencia a nivel nacional na conciliación das familias gracias a medidas como a gratuidade de todas as escolas infantís; a creación de 95 casas niño para levar a conciliación a concellos onde non existían estes servizos; e tamén mediante o Bono Coidado, que ofrece axudas para a contratación dun apoio extraordinario de conciliación”.

Manolo González, rexedor de Outes, acompañando a Fabiola García na súa visita

Outros artigos

O BNG presenta en Noia as súas candidaturas municipais para 2027

O BNG da comarca da ría de Muros e Noia dará este domingo, 20 de setembro, o primeiro paso dun novo curso político coa mirada posta nas eleccións municipais de 2027, coa presentación das persoas que encabezarán as candidaturas nacionalistas nos concellos de Lousame,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.