A ximnasia hipopresiva e os seus beneficios centran en Boiro un novo obradoiro de Miscelánea en Movemento

26 Xaneiro 2023

O Concello de Boiro vai celebrar este sábado 28 de xaneiro un obradoiro de ximnasia hipopresiva. Será ás 11.00 horas no Centro Social, no segundo andar. A persoa encargada de impartir o taller é Verónica Couselo, integrante de Pilates Boiro. Trátase dunha actividade abeirada ao programa municipal de divulgación cultural, saudábel e deportiva para mulleres, Miscelánea en Movemento. As inscricións haberá que facelas mediante o Rexistro municipal ou na sede electrónica do Concello.

Para quen non o saiba, a ximnasia hipopresiva comprende exercicios cuxo obxectivo é xerar hipopresión dentro da cavidade abdominal. Esta técnica consiste en realizar distintos tipos de movementos e posturas por medio dunha contracción do músculo diafragma en expiración. Un dos seus grandes beneficios é que a través destas técnicas conséguese mellorar o aparato xenitourinario da muller ou solucionar problemas de costas, alén dos efectos positivos que ten a nivel estético nos abdominais e máis no ventre en xeral das persoas que a practican.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.