A presenza de neve nas estradas marca o balance das incidencias rexistradas no 112 Galicia

18 Xaneiro 2023

Nas últimas horas contabilizáronse no 112 Galicia máis chamadas por presenza de neve e xeo nas estradas. En total, no día de hoxe, entre as 0:00 e as 18:00 horas, lévanse contabilizado 285 incidencias, sendo a tipoloxía de neve (111) nas estradas a máis repetida. Tamén as placas de xeo deixáronse notar (7).

Aínda así, seguen a rexistrarse incidentes causados polas chuvias e o vento que nas últimas horas afectaron a toda a comunidade. As tipoloxías máis repetidas seguen a ser as árbores e pólas nas estradas (72), os desprendementos de terra e pedras (5), as fochancas (6), os derrubamentos (4) e os asolagamentos (3) entre outras.

Por provincias, a de Lugo pasa a ocupar o primeiro posto con (83) incidentes, seguida a da Coruña con (82), a de Pontevedra con (63) e, por último, a de Ourense con (57) incidencias contabilizadas no período de tempo anteriormente citado.

Vehículos atrapados por mor da neve que non podían continuar a marcha, rúas intransitables foron as incidencias que máis se repetiron. Tamén, os desprendementos forman parte das incidencias que destacamos durante o día de hoxe como o descarrilamento dun tren, esta tarde, a causa dun desprendemento de terra e pedras .

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.