A Pobra impartirá o nivel A1 da lingua de signos

20 Xaneiro 2023

En virtude do interese xerado polas dúas edicións do curso de iniciación á lingua de signos celebradas na Pobra, o Concello decidiu ofertar o nivel A1, tal e como anunciou a concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), acompañada da orientadora laboral, Blanca Álvarez, e do axente de emprego e desenvolvemento local, Luís Miguel Domínguez. A edil salientou a importancia desta aposta da Administración local que “favorece a comunicación e a inclusión”. Asemade, valorou positivamente que o Concello siga a traballar na homologación dun espazo municipal para os certificados de profesionalidade.

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia será a encargada de impartir a formación nos luns e mércores do período comprendido entre o día 15 de febreiro e o 22 de maio. Haberá dous grupos para facilitar a asistencia das persoas interesadas. Un será na quenda da mañá, de 11.00 a 13.30 horas, e outro na da tarde, en horario de 16.00 a 18.30 horas. As clases terán lugar na aula multiusos da Casa da Mocidade.

Abordaranse seis unidades didácticas con contidos gramaticais, léxicos, socioculturais e pragmáticos propios do nivel básico.

O prazo de inscricións permanecerá aberto do día 23 ao 27 de xaneiro, ambos inclusive. As solicitudes de participación nesta acción formativa entregaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, xunto coa copia do DNI. Establécese un límite de 20 prazas por grupo que se cubrirán pola orde de entrada. Habilítase o teléfono de contacto 981377610 para máis información.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...