A Pobra achega conciliación a través do Espazo de Coidados Corresponsábeis

10 Xaneiro 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal comezou o ano achegando conciliación para facilitar a vida laboral das nais e dos pais e achegar actividades de lecer para o tempo libre das crianzas. Farao polas tardes a través do Espazo de Coidados Corresponsábeis, servizo municipal de balde ao abeiro do Plan Corresponsábeis promovido e financiado con fondos procedentes do Ministerio da Igualdade.

A Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), explica que o obxectivo é “contribuír a compatibilizar a vida laboral e persoal de mulleres e homes”, ademais de “fomentar a correponsabilidade nos labores domésticos e na atención á familia favorecendo a asunción equilibrada das responsabilidades”.

O dito proxecto funciona de luns a venres, en horario de 16.00 a 21.00 horas, no CEP Salustiano Rey Eiras. A rapazada de entre 3 e 12 anos asistirá a obradoiros de lectura, labores manuais ou xogos cooperativos, entre outras propostas, todas elas con perspectiva de xénero.

Ofértase un total de 20 prazas que se deberán reservar no Departamento da Igualdade do Concello. Máis información no enderezo electrónico igualdade@apobra.gal ou no teléfono de contacto 981832764, marcando a extensión 6.

A maiores, lembrar que o Concello facilita polas mañás o Servizo de Madruga e Comedor.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.