A pista polideportiva do Colexio de Nebra, dispoñíbel para o alumnado e a veciñanza do concello

23 Xaneiro 2023

Logo do peche da infraestrutura durante as recentes festas parroquiais, o Concello de Porto do Son confirmou a dispoñibilidade para alumnado e veciñanza (de Nebra e do termo municipal en xeral, aínda que fóra do horario lectivo) da pista polideportiva do Colexio de Nebra. Trátase dun proxecto orzamentado en 85.000 euros cuxa construción abeirouse ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica deseñado pola Xunta para os centros educativos, cuxo obxectivo é “achegar infraestruturas máis sustentábeis, innovadoras, accesíbeis e útiles”.

A pista ten unha superficie de 22 por 12 metros cadrados e estará pechada por un valado dun metro de alto, levantada (pista e área perimetral) sobre unha soleira de 15 centímetros. O sistema de drenaxe é lineal de formigón polímero, conducíndose as augas á rede de pluviais habilitada. A iluminación, sustentábel e eficiente, vai permitir a alumnos e veciños o desfrute da pista en calquera intre do día.. Conta con porterías e canastras de gran resistencia e levantadas sobre postes de aceiro. Tamén dispón do equipamento preciso para a práctica de deportes como o tenis, o voleibol ou o bádminton. Dos 85.000 euros de orzamento, 40.960 foron asumidos pola Xunta e o resto polo Concello.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.