“A pesca, un sector que esmorece e ao que ninguén pon remedio”. Antón Luaces

24 Xaneiro 2023

Ata os anos 60 do século pasado a cativería do Barbanza tiña problemas escolares. Pero non os había para admitir nenos nos traballos: nenos albaneis, nenos carpinteiros, nenos canteiros, nenos mariñeiros, nenos labregos, nenos recadeiros, nenos taberneiros e un  longo etcétera que permitía (oh, Franco, Franco!)  que as rúas, os camiños, as pistas das vilas, das cidades, dos pobos, das aldeas, das parroquias apareceran valeiras de cativos de idades entre os 12 e os 14 anos, feito que daba a entender a absoluta escolarización da poboación infantil, cando non era así.

Entre as 9 da mañá e as 13,00 horas e das 15,00 ás 17,00, nen un chío infantil fóra das casas; a cativada de 7 a 10-11 anos, na escola ou na vivendas familiar.

En Ribeira, por exemplo, media ducia de unidades escolares (2 de nenas e 4 de nenos) no Grupo Escolar Francisco Franco, obviamente público. E o resto, en escolas-colexios privados: A academia Santa Eugenia (máis coñecida como Escola de Abaixo), o colexio de “Monchín”, o colexio de don Carlos (García Bayón) e, nas parroquias, algunhas escolas unitarias, unha de monxas  e moita chavalada nas estradas camiño da clase nesas escolas procedentes de Artes, Oleiros, Deán,  Castiñeiras, Aguiño, Olveira, etc.

A maioría dos cativos-traballadores por “conta allea” percibían salarios miserentos: un máximo de 25 pesetas (pouco máis de 15 céntimos de euro) por semana, no mellor dos casos. Cen pesetas (menos dun euro) ao mes. A entrada ao cine custaba entre 40 e 50 céntimos de peseta, un TBO (un comic) de Roberto Alcázar y Pedrin, do Guerrero del Antifaz, de Hazañas Bélicas, de Esther, ,etc, 25 céntimos de peseta. Unha novela de vaqueiros de Marcial Lafuente Estefanía custaba 1 peseta na tenda da “Vixana” ou na de “Milagros”, que unha vez lida podías “descambiar” por outra na da “Piseria” por 25 céntimos de peseta (un real).

Toda esa cativería tiña onde traballar antes dos 15 anos, como queda dito: as rapazas en tendas (cun pouco de sorte), en fábricas de conservas, perruquerías, de aprendizas de costura ou no servizo doméstico. Eles, os chavales, maiormente no mar (na pesca), sen salario, pola “chona”, para se formar, para aprender dos demáis mariñeiros.

E agora, en 2023, reaparece o problema substancial na pesca galega: non hai remuda, os barcos amarran porque non completan a tripulación mínima e os armadores queren contratar mariñeiros estranxeiros (disque para completar a dotación autorizada do buqueafirma

Unha dificultade engadida ás moitas que xa teñen os barcos: costos inasumibles por aumento de taxas, combustibles, seguros, etc., ou impedimentos -legais?- para poderen pescar os barcos artesanais (xa non digamos os de altura ou os arrastreiros).

Que pasa no mar, que os barcos non poden pescar porque a UE cada vez

pon máis atrancos e de día a día os gastos incrementan que mete medo?. Pode dicir alguén que non é porque non interesa a pesca?.

A xente nova non acepta un traballo a bordo dun pesqueiro, os armadores reclaman autorización para contratar estranxeiros (hai quen afirma que é unha desculpa para pagarlles o que non acepta un mariñeiro galego) , a Unión Europea -da man do ecoloxismo- regula a pesca para rematar con ela e cos postos de traballo que na mesma se xeran, os gobernos de Madrid e Santiago non atopan solución a este problema…

E menos mal que o índice de natalidade en Galicia é cada vez máis baixo, porque senon comeriámonos uns a outros sen remedio.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.