A función teatral Un morto moi vivo representarase no Elma (A Pobra) o 29 de xaneiro

28 Xaneiro 2023

A Pobra do Caramiñal continúa inmersa na programación cultural co Ciclo de Teatro Afeccionado que se desenvolve no antigo Cine Elma. O Club de Maiores de Boqueixón representará no día 29, ás 19.00 horas, a función Un morto moi vivo.

Ramón Molina dirixe esta comedia de enredo na cal unha vintena de intérpretes amateurs sobe ás táboas coa trama dun home avaricioso que simula a súa morte e organiza un velorio ao grande.

Do mesmo xeito ca no resto de sesións, a entrada é libre ata completar a cabida. A dita mostra está organizada pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.