A Casa da Xuventude de Ribeira contará con tres pequenas prazas públicas na súa contorna

26 Xaneiro 2023

Comezou finalmente o proceso para remodelar a Casa da Xuventude de Galicia, en palabras do Goberno local “o proceso de acondicionamento máis profundo dende que o inmóbel foi inaugurado en novembro do 2010”. A finalidade é que “poida gañar en funcionalidade” e “mellorar a súa integración no entorno, minorando de paso o risco de actos vandálicos de que ven sendo obxecto con relativa frecuencia”. O Concello salientou que unha das maiores novidades será a creación de tres pequenas prazas públicas arredor do inmóbel para desfrute dos cidadáns. Con tal motivo, vanse demoler parte dos muros perimetrais para dar acceso ás mesmas dende a vía pública: uns traballos que está previsto principien este venres 27 por medio da empresa Civis Global.

Ademais, o Concello explicou que a Brigada Municipal de Obras está traballando dende hai días no interior do edificio, no que unha das dúas zonas adicada a albergue reconverterase en sala de usos múltiples (mantense o outro albergue cunha capacidade de 22 prazas) e, paralelamente, rechearase o espazo situado na parte máis profunda da Casa da Xuventude, deteriorado a causa das sucesivas inundacións cada vez que por calquera incidencia as bombas de achique deixaban de funcionar.

Horarios de apertura

Alén destes “cambios estruturais”, o Concello quere que a mocidade lle saque máis partido as múltiples posibilidades que ten a Casa da Xuventude. Por iso, unha vez rematen as obras, ten previsto variar os horarios de apertura adaptándoos ao tempo de lecer dos usuarios, e incorporar novas posibilidades de ocio, como xogos, etc… Así mesmo, nas mañás lectivas, preténdese que o alumnado do veciños Colexio Galaxia poida facer uso da instalación cadrando cos recreos.

Por último, fontes do Consistorio lembran que nos últimos meses executouse unha actuación que tivo por obxecto mellorar a súa impermeabilización, ademais de sanear humidades e filtracións de auga e reparar as instalacións de electricidade e fontanería. As obras foron adxudicadas á empresa Marqués de Marancán.

Outras melloras en Abesadas

Xunto a esta reforma da Casa da Xuventude, dende o Concello se están emprendendo outras iniciativas de “mellora en Abesadas”, entre as que se contan a próxima conexión do barrio coa zona dos Xulgados a través da ampliación da rúa Barbanza, a construción do novo Auditorio, a renovación do pavimento do parque de Abesadas, a cuberta do parque infantil, a dotación de luminarias e asfaltado a un dos estacionamentos gratuítos, a mellora do firme na rotonda da Poutada e nas vías lindeiras, ou a apertura dunha senda ata o parque de San Roque paralela ao río Pedrín.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.