A Casa da Cultura de Boiro acolle este venres unha charla informativa sobre o TDAH

25 Xaneiro 2023

A Casa da Cultura de Boiro acolle este venres día 27 de xaneiro entre as 20.00 e as 22.00 horas unha charla informativa sobre o TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade) organizada pola ANPA Torre de Goiáns. Na presentación, que tivo lugar na mañá deste mércores 25, participaron a concelleira de Educación, María Outeiral, e as representantes da ANPA Olga Moledo e Patricia Davila.

“É moi importante dar a coñecer o TDAH, esteamos ou non relacionados directamente con este trastorno, xa que moitas veces queremos axudar pero non temos a información de como facelo adecuadamente”, recoñeceu a concelleira. É por iso que o Concello de Boiro, a través do departamento de Educación, colabora coa comunidade educativa para levar a cabo xornadas formativas e informativas dirixidas á poboación xeral.

“Detectamos que hai moito descoñecemento sobre como actuar ante necesidades especiais, por iso decidimos organizar este tipo de xornadas informativas e divulgativas”, afirmou Olga Moledo.

A ANPA celebrou xa unha primeira charla sobre o autismo, que, segundo sinalaron as representantes da comunidade de nais e pais, ” tivo moi boa aceptación”, e esta segunda xornada está destinada a dar a coñecer e responder todas as dúbidas xurdidas arredor do TDAH.

O vindeiro venres terá lugar unha charla sobre o TDAH impartida polas psicólogas xerais sanitarias Claudia Balado e Sara Martín que traballan axudando ás familias con necesidades especiais. “É unha charla aberta a todo o mundo, tanto persoas vinculadas directamente co TDAH como aquelas que non o están, para dar a coñecer como podemos actuar e axudar a estas persoas a levar unha vida mellor”, recoñeceu Patricia Davila.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.