A Cabalgada dos Reis Magos de Boiro contará con oito carrozas, agrupacións musicais e espectáculos de animación

02 Xaneiro 2023

O Concello de Boiro realiza este xoves 5 de xaneiro a tradicional Cabalgata de Reis xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón e o día 4, co grupo de voluntariado Turbina, unha visita das Raíñas Magas ás distintas parroquias do municipio. O alcalde, José Ramón Romero; o concelleiro, Marcos Fajardo; e o párroco de Lampón, Marcelino Sánchez, realizaron esta luns 2 de xaneiro a presentación das actividades.

A cabalgata sairá ás 17.00 horas de Lampón cara a praza de Galicia de Boiro. Ademais das tradicionais carrozas, contará con espectáculos de animación de rúa para nenos e nenas e grupos tradicionais. “Unha cabalgata con 45 anos de historia e que este ano contará con oito carrozas, agrupacións musicais e espectáculos de animación, ademais dos tradicionais lanceiros, antorcheiros, espadeiros e romanos., entre o outros acompañantes“, comentou Marcelino Sánchez, párroco de Lampón.

Como dixemos, este ano e en colaboración co grupo de voluntariado Turbina, as SSMM as Raíñas Magas visitarán todas as parroquias do municipio o mércores 4 de xaneiro para recoller as cartas e entregar caramelos a todos os nenos e nenas. “Na pandemia fixemos este percorrido cos Reis por todas as parroquias e gustoulles moito aos nenos e nenas, por iso este ano decidimos repetilo pero serán as Raíñas Magas as que visiten os distintos núcleos”, recoñeceu o concelleiro Marcos Fajardo.

O percorrido comezará ás 12.00 horas en Abanqueiro; ás 13.00 horas en Cespón; e ás 14.00 horas en Bealo. Pola tarde ás 16.30 horas estarán en Macenda; ás 17.30 horas en Cures; ás 18.30 horas en Escarabote; ás 19.30 horas en Cabo de Cruz e rematará en Boiro ás 20.30 horas.

O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu “a gran implicación de toda a veciñanza de Lampón nesta Cabalgata” e “que se mantén no tempo gracias á colaboración entre a veciñanza e a administración local”. E engadiu: “Dende o Concello seguimos a apostar ano a ano pola Cabalgata de Reis, un dos días de maior afluencia de xente no municipio. Este ano realizamos reparacións nas carrozas, incluímos novas actividades de animación para que a cabalgata medre ano a ano”, afirmou o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.