A axenda rianxeira dos Actos Castelao 2023 inclúe teatro, literatura, concertos e exposicións

13 Xaneiro 2023

O Concello de Rianxo, a través da súa área de Cultura, compartiu a axenda conmemorativa dos Actos Castelao 2023, un completo programa de actividades que teñen o nexo común de honrar a figura do ilustre rianxeiro (a por extensión a cultura galega) e que inclúe, entre outras propostas, estreas teatrais, presentacións literarias, concertos, recitais de poesía e exposicións. Comezan este xoves 19 de xaneiro coa preestrea de A Nai, de Amorodio Teatro, compañía que estivo estes días realizando unha residencia técnica no Auditorio Municipal da vila rianxeira, co obxectivo de dar forma á dita función: unha obra dirixida por Marián Bañobre e escrita por Laura Porto que nos achega á historia silenciada durante anos das Irmás Touza (Lola, Julia e Amparo), veciñas de Ribadavia e salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas xudías durante o Holocausto.

XOVES 19 DE XANEIRO

-20:00 h, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro)

Preestrea, A Nai a cargo de Amorodio Teatro

VENRES 20 DE XANEIRO

–20:30 h, Centro Sociocultural-Auditorio, Salóns de Actos (1º andar)

Presentación do poemario Diorama, de José Carou Rey. Acompañando o escritor, estarán Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, o ilustrador Salvador Laíño, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia

SÁBADO 21 DE XANEIRO

–20:30 h, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro)

Concerto A música de onte e hoxe, a cargo do grupo Onte e Hoxe

VENRES 27 DE XANEIRO

-20.30 h, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro)

Presentación da publicación Días de Intemperie, de Antón Riveiro Coello. Coa participación do propio autor, Xesús Laíño (vogal da A. C. Barbantia), Milagros Torrado (secretaria da A. C. Barbantia), Marcos Calveiro (director de Edicións de Galaxia) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo). Intervención artística a cargo de Alfonso Costa. Apertura e peche musical a cargo da Escola de Música de Rianxo

SÁBADO 28 DE XANEIRO

–12:00 h, Paseo da Ribeira (busto de Castelao)

Ofrenda floral e intervención de autoridades

-20:30 h, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro)

Xirando, concerto poético-musical de Noelia Gómez e Rui Grenha

EXPOSICIÓN

Do 3 de xaneiro ao 1 de febreiro

Centro Sociocultural-Auditorio (sala de exposicións)

XVI Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica da Deputación Provincial da Coruña

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.