Materialízase en Rianxo o proxecto teatral que relata a historia das irmás Touza, as anti-nazis de Ribadavia

10 Xaneiro 2023

A compañía Amorodio Teatro comezou este luns día 9, Auditorio Municipal de Rianxo, a súa residencia técnica, unha estadía destinada a pór a punto a peza A Nai, dirixida por Marián Bañobre e escrita por Laura Porto. A peza conta na vertente escenográfica co binomio formado por Asdúasepunto (Carmen Casal e María Torres) e na parte lumínica con Violeta Martínez. Pola súa banda, Raquel Crespo é a encargada de vestiario e a produtora Enibó, composta por Adolfo Fernández e Lucas Lombardo, é a responsábel da realización dos audiovisuais. Os grafismos correrán a cargo de Xoán Brégoa.

Amorodio Teatro ten programado levar a obra A Nai aos teatros galegos ao longo deste 2023. Trátase da historia silenciada durante anos das Irmás Touza, veciñas de Ribadavia, vila onde está previsto estrear a peza o vindeiro 21 de xaneiro, xa que como di a compañía, “a historia naceu neste pobo e é neste pobo onde tiñamos que estrear”.

Integrantes da compañía teatral Amorodio

A Nai, engaden, é “un espectáculo teatral multidisciplinar, que emprega ferramentas do teatro documento e da autoficción, sen perder nunca o sentido do humor”. O espectáculo aborda de cheo a historia das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas xudeas durante o Holocausto. Grazas á estimábel contribución humanitaria destas mulleres, a peza aborda a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral. “Empregando a memoria como ferramenta de análise para o presente, e material de construción para o futuro, trázanse relacións entre a vida e obra das irmás e as vidas dos propios intérpretes, tratando de establecer un paradigma de acción ética que abra unha vía para construír unha sociedade mellor a través da acción individual”, explican dende a compañía.

Carmen Facorro, Javier Castiñeira e Raquel Velasco , son as intérpretes que, mesturando a súa vida coa das Touzas, intentarán contarnos esta historia de valentía e entrega polos demais enriba das táboas.

Amorodio Teatro agradeceu ao Concello de Rianxo as facilidades brindadas para a materialización do espectáculo a través desta residencia técnica. Tamén agradece a axuda de todos os concellos e institucións que colaboraron no proceso para que A Nai fose posíbel, tales como a Xunta de Galicia, AGADIC, o Concello de Ribadavia, o Concello de Caldas de Reis, o Concello de Santiago de Compostela e a confitería Sila.

Antiga foto das irmás Touza de Ribadavia

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

O Nadal vivirase tamén nas parroquias da Pobra

As parroquias do termo municipal da Pobra do Caramiñal gozarán tamén de actividades de Nadal dirixidas á rapazada que impulsa a Concellaría da Participación Veciñal. A edil Amparo Cerecedo manifestou que o se busca é “descentralizar as accións lúdicas do núcleo urbano...

+

Este sábado celébrase en Araño a segunda edición da Muiñada do Te

Este sábado 2 de decembro imos ter unha actividade cultural, medioambiental e family-friendly na parroquia de Araño, en Rianxo. Estamos a falar da segunda edición da Muiñada no Te, organizada pola Asociación Veciños Araño en colaboración co Concello de Rianxo e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...