Unha persoa resultou ferida ao caer ao mar co seu vehículo en Cabo de Cruz

03 Decembro 2022

Dúas persoas foron evacuadas ao centro médico despois de sufrir unha saída de vía en Esteiro, no concello de Boiro.

Foi unha testemuña do accidente quen chamou ao 112 ao fío das 00:30 horas para informar dun vehículo que se precipitara ao mar nas proximidades dunha depuradora en Cabo de Cruz, na parroquia do Castro. Malia que o turismo rematou parcialmente somerxido, os dous ocupantes foron quen de saír polos seus propios medios. Aínda así, semellaban necesitar asistencia sanitaria.

Para prestar axuda aos implicados e xestionar a retirada do vehículo, desde o 112 informouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Ademais, informouse á Policía Local, ao Servizo de Gardacostas e ao persoal de Portos de Galicia.

Finalmente, un dos afectados foi trasladado en ambulancia polo equipo médico mentres que o outro foi evacuado por familiares.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...