Un buzo rescatou a unha persoa dun coche que quedara parcialmente cuberto polo mar no peirao de Cabo de Cruz

20 Decembro 2022

Un particular informou ao 112 Galicia contra as 23 horas da noite de onte, explicando que había unha persoa no interior dun vehículo cuberto parcialmente pola auga, na rampla do peirao de Cabo de Cruz, en Boiro.

O coche quedara situado entre dúas vigas, polo que o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 solicitou a colaboración doutros servizos de emerxencias a fin de evacuar ao implicado. Entón, os xestores do 112 informaron a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, así coma aos axentes de Tráfico, aos Bombeiros de Boiro e de Ribeira e aos membros de Protección Civil de Boiro.

Sen embargo, foi un buzo que se atopaba na zona o que conseguiu sacar do vehículo á persoa, que foi trasladada ao Hospital do Barbanza. Os Bombeiros de Boiro encargáronse de asegurar o vehículo para evitar que o arrastrase a marea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.