Suma Ribeira alerta das consecuencias da sentencia en contra da actividade da gasolineira de Xarás

16 Decembro 2022

O grupo Suma Ribeira emitiu un comunicado en relación á sentenza denegatoria da pretensión de legalización da gasolineira situada en Xarás, sentencia da que falamos estes días dende este medio, poñendo o foco no mantemento da orde de derruba. En palabras da agrupación, trátase dunha sentencia que se pode recorrer ante o Tribunal Superior de Galicia pero que resulta “contraria ao interese do alcalde e a xunta de Goberno local, e moi probablemente tamén contraria ao interese económico do Concello”.

O grupo engade o seguinte no seu comunicado: “Discrepamos e rexeitamos a estratexia política do alcalde, consistente en minimizar a importancia dunha sentenza adversa, buscando con iso maquillar este feito para que as veciñas apracen a súa preocupación polo tema ata a resolución do recurso polo TSXG, que con toda seguridade terá lugar pasadas as eleccións, constituída a nova Corporación municipal e elixido o novo alcalde”.

E apuntan: “O alcalde e o PP quixeron convencernos da boa dixestión que teríamos aprobando os Orzamentos que o Goberno municipal que xa tiña practicamente executados, menosprezando proposicións de Suma Ribeira aprobadas polo pleno e mesmo actuacións comprometidas con nós, e burlándose da obxectividade din, por exemplo, que comprometíamos economicamente á Corporación que sairá elixida nas eleccións de maio”.

A xuízo da agrupación, o Goberno local corre o risco “de hipotecar a futura Corporación coas indemnizacións por danos e prexuízos que se deriven do fallo ao recurso municipal do TSXG”. Suma Ribeira tamén critica que “o alcalde manteña que dende o 2014, cando comezou o primeiro expediente, non tivo nunca ningún tipo de relación directa nin indirecta coa conflitiva gasolineira”. E conclúe: “Son el e as súas xuntas de Goberno os responsábeis políticos únicos de que este tema chegara a este punto de incerteza e preocupación para toda a corporación e veciñanza de Ribeira”.

Xurxo Ferrón, voceiro de Suma Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.