O Contencioso declara nula a segunda licenza da gasolineira de Xarás e mantén a orde de derruba. O Concello interpoñerá recurso porque entende que o Tribunal non entrou a analizar os razoamentos do novo permiso

14 Decembro 2022

O Concello de Ribeira acaba de ser informado da sentenza ditada polo Xulgado Contencioso Administrativo Número 1 de Santiago en procedemento ordinario nº 173/2021  seguido contra a concesión da licencia de legalización a Puntos de Bajo Coste, S.L.: unha resolución que declara a nulidade desa licenza tal como era esperado por parte dos servizos xurídicos municipais, habida conta de que emana do mesmo Xulgado que xa estimou con anterioridade o incidente de nulidade presentado contra esa mesma licenza, e cuxo auto está recorrido ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. De feito a
sentenza, sen entrar a analizar as cuestións de feito obxecto de proba, transcribe literalmente os razoamentos daquel auto.
Fronte a esta nova sentenza vaise interpoñer recurso de apelación para que sexa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o que, como xa se ten solicitado no recurso pendente, entre no fondo do asunto
que se dirime e dea a razón ao Concello, sobre a base de que se actuou conforme a lexislación vixente, tendo en conta a documentación presentada, na que non tivo intervención o Concello,  respectando a natureza regrada das licenzas, e contando con todos os informes sectoriais, e preceptivos, favorables.
Cómpre aclarar en todo caso que a nova resolución non é firme e non leva aparellada ningún tipo de responsabilidade patrimonial para a administración municipal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...