Ribeira firma convenios con A Creba, Ambar, Amicos, Faibén e Renacer para respaldalos nos seus obxectivos sociais

17 Decembro 2022

O Concello de Ribeira por medio do seu alcalde Manuel Ruiz firmou esta mañá sendos convenios de colaboración con cinco organizacións sociais do municipio para respaldalas un ano máis nos seus obxectivos. En concreto estas asociacións son A Creba, Ambar, Amicos e Renacer e a Fundación Faibén de Apoio á Infancia.
No acto, na que tamén estivo presente a concelleira de Servizos Sociais Ana Barreiro, Ruiz Rivas destacou o labor que estas entidades están a realizar no noso municipio en aras a reducir a desigualdade e expresou o seu desexo de poder subir o ano que vén o importe das axudas que se lle conceden nos seus correspondentes obxectivos.
De feito, este ano rexistraron un pequeno incremento ata alcanzar os 3.400 euros por entidade. As subvencións contribúen a financiar o proxecto “Vivindo en comunidade” de Ambar), as campañas informativas e de sensibilización de drogas, uso e abuso de novas tecnoloxías, embarazos non desexados e VIH/SIDA de Renacer, o programa de transporte de usuarios de A Creba, o servizo de atención psicopedagóxica de Amicos e o proxecto Contigo de Faibén.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.