Prosegue o ciclo de charlas A Orixe cun relatorio de José M. Salgado en Boiro

05 Decembro 2022

O Centro Social de Boiro vai dar acollida esta semana a unha nova actividade divulgativa enmarcada no ciclo de relatorios A Orixe, que trazan e reivindican diversos aspectos turísticos, históricos e culturais da nosa comarca en relación ao Camiño de Santiago. A charla A hospitalidade no mundo xacobeo celebrarase este xoves 8 de decembro ás 19.30 horas e virá da man de José M. Salgado. Abéirase como dixemos ao ciclo A Orixe que desenvolve a Asociación de Amigos do Camiño A Orixe a través da Mancomunidade Barbanza Arousa, e que xa deparou citas divulgativas con Manuel F. Rodríguez (na Pobra o 26 de novembro) e Lois Celeiro (en Ribeira o 29 de novembro). O ciclo terá continuidade o vindeiro 11 de decembro, no Auditorio de Rianxo, da man de Manuel Garrido, que ofrecerá o relatorio Rianxo e Padrón na tradición xacobea.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.