Preto de 40 expositores participan na XVIII Exposición da Camelia Sasanqua e outras do Concello de Boiro

17 Decembro 2022

O Concello de Boiro celebra esta fin de semana a XVIII Exposición da Camelia Sasanqua e outras no Pazo de Goiáns. No acto de inauguración participaron o alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Turismo, Carlos R. Muñiz.
Os preto de 40 expositores que participan nesta edición da mostra realizaron unha visita guiada polo Pazo de Goiáns realizada polos Quinquilláns. Ás 17.00 horas tivo lugar a plantación dun exemplar de camelia, cedido por Begoña Franco, na inmediacións do Pazo e a inauguración da mostra. O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu a todas as persoas que participan “e que fan que esta mostra vaia a mais cada ano e que Boiro sexa un referente da camelia”.
Seguidamente o paisaxista Rafael Ovalle realizou a presentación dun proxecto paisaxístico para os xardíns do Pazo de Goiáns. “Un proxecto sostible, acorde aos recursos do Concello e que ten como finalidade que os xardíns do Pazo entren no ranking de Xardíns de Excelencia Internacional”, afirmou o concelleiro Carlos Muñiz.
Os mais de 70 metros de flor que forman a XVIII Exposición da Camelia Sasanqua e outras do Concello de Boiro poden visitarse no Pazo de Goiáns o domingo en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...