Patricia Torrado dirixirá o 17 de decembro un roteiro pola vila do Son

05 Decembro 2022

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza o vindeiro 17 de decembro unha experiencia ao aire libre para coñecer a fondo o pasado e o presente de Porto do Son. Será a partir das 11.00 horas, ten como punto de partida o peirao do porto (baixo a estacada). A iniciativa Roteiro pola vila de porto do Son, desenvolverase na compaña da escritora local Patricia Torrado, baixo o epígrafe Da metáfora ao oxímoro.

Será unha actividade de balde para todas as persoas interesadas, que poderán inscribirse enviando un correo electrónico co seu nome e apelidos a oficina@aelg.org, dado que as prazas son limitadas.

A experiencia forma parte desta iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce en persoa dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria. O texto deste roteiro será publicado para a súa descarga libre na páxina web da AELG.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...