Papá Noel incluíu na súa axenda os concellos da nosa comarca, incluídas as parroquias de Porto do Son. Será o 23 de decembro. O itinerario de Papá Noel polo concello sonense xa foi compartido polo Concello, co obxectivo de garantir que todas as crianzas teñan a oportunidade de velo e mesmo falar con el e expresarlle os seus desexos.

Estes son os horarios (aproximados) e as paradas programadas:
– Nadal no Club Náutico de Porto do Son de 11h – 14h e de 16h – 20h
– Porto do Son / Saída >>> 10:00h – 10:30h
– San Pedro / Casa da Cultura >>> 11:00h – 11:20h
– Xuño / Casa da Cultura >>> 11:30h – 11:50h
– Caamaño / Casa da Cultura >>> 12:00h – 12:20h
– Queiruga / Casa da Cultura >>> 12:30h – 12:50h
– Baroña / Bar 85 >>> 13:20h – 13:40h
– Noal / Fronte á fonte de Cabanela >>> 16:00h – 16:15h
– Nebra / Colexio 16:30h – 16:50h
– Miñortos / Igrexa >>> 17:20h – 17:50h
– Portosín / Praza do Curro >>> 18:00h – 18:30h
– Porto do Son / Chegada >>> 19:00h – 20:00h
O Concello explica que debido á estrutura do vehículo, só se realizarán paradas nos puntos de encontro indicados. As nenas e os nenos que o desexen poden entregarlle as súas cartas nos puntos de encontro establecidos.



