Outes reclama mellores conexións de autobús con Santiago

07 Decembro 2022

O Concello de Outes fíxolle chegar á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia a solicitude de ampliación das frecuencias de transporte público que comunican a Serra de Outes coa capital de Galicia. Esta solicitude faise eco da demanda veciñal, apoiada por máis de 300 sinaturas, coa que se pretende mellorar as conexión de autobús con Santiago de Compostela.

En concreto, solicítase a mellora da conexión de ida a Santiago de Compostela con tres frecuencias de saída dende Serra de Outes (ás 7 h, outra ás 14 h e outra as 21 h) así como mellorar a conexión de volta con outras tres frecuencia de saída dende Santiago de Compostela (ás 8:30 h, ás 15:30 h e ás 22:30 h). Segundo indicou o alcalde de Outes, Manolo González, convén facilitar o acceso tanto de traballadores como de estudantes que se desprazan diariamente á capital de Galicia, nomeadamente ao CHUS, á Xunta de Galicia e á Universidade de Santiago de Compostela: “No seu momento xa fixemos alegacións á proposta presentada pola Xunta de Galicia reclamando unha conexión directa entre a Serra de Outes e a capital de Galicia, agardamos que agora teñan a ben atender as demandas do concello e veciñais, posto que cada día é maior o número de persoas que se desprazan a Santiago de Compostela a diario”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.