Outes acolle este xoves unha nova xornada de divulgación sanitaria

14 Decembro 2022

A Casa da Cultura de Outes vai acoller unha nova conferencia de divulgación abeirada á celebración das XVII Xornadas de Información Sociosanitaria e as segundas Xornadas do Programa Universitario de Maiores en Outes (Cuarto Ciclo da USC), que se celebran entre outubro de 2022 e maio do ano que vén.

A cita será este xoves (quinta feira) 16 de decembro ás 18.30 horas. O tema a tratar será a vacinación do papiloma en varóns e a poliomielite e o síndrome postpolio. O relatorio virá da man do doutor Ángel Lado Llerena, médico de Atención Primaria de Outes. O ciclo está a ser coordinado por Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Outros artigos

O BNG presenta en Noia as súas candidaturas municipais para 2027

O BNG da comarca da ría de Muros e Noia dará este domingo, 20 de setembro, o primeiro paso dun novo curso político coa mirada posta nas eleccións municipais de 2027, coa presentación das persoas que encabezarán as candidaturas nacionalistas nos concellos de Lousame,...

+

O Porto do Son e Outes contarán con novos centros de maiores

O Consello da Xunta desta semana informou dun proxecto de residencias de maiores que “permitirá crear 1.800 novas prazas” a través de 25 novos centros, dous dos cales estarán situados no Porto do Son e en Outes. En termos xerais (a nivel galego), incrementarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.