Os Servizos Sociais de Dodro repartiron 4.000 quilogramos de alimentos

22 Decembro 2022

O Concello de Dodro fixo balance da actividade solidaria despregada dende Servizos Sociais e Benestar, no que a doazóns materiais se refire. Segundo fan saber dende o Consistorio, repartíronse este ano que está a piques de rematar arredor de 4.000 quilogramos de alimentos entre familias vulnerábeis. A actividade foi financiada en colaboración con Balrial, contándose con fondos propios e da Deputación da Coruña con cargo ao POS SOCIAL 2022. O Concello agradeceu o labor do persoal municipal implicado. A semana pasada, sen ir máis lonxe, distribuíuse o último envío do ano.

“Continuamos traballando de cara ao novo exercicio para ver tamén de mellorar esta e outras iniciativas”, explican dende o Concello, lembrando que “para formar parte deste ou doutros programas dependentes de Servizos Sociais e Benestar, a cidadanía pode informarse ao longo de todo o ano, con cita previa, no número de teléfono 981 80 24 66”.

Outros artigos

110 persoas participaron na ruta rosaliana As Pegadas de Rosalía

Os concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón organizaron este pasado sábado, 14 de setembro, unha saída pola ruta rosaliana que transcorreu polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario. A ruta comezou no Pazo da Peregrina, en...

+

O 12 de outubro celébrase a XIX Carreira Pedestre de Lestrobe

O vindeiro 12 de outubro o Concello de Dodro organiza a XIX Carreira Pedestre de Lestrobe. Segundo fixo saber o Concello, as persoas participantes das categorías de base terán distintos circuítos en función da súa idade. As categorías absolutas disputarán un...

+

A Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero fai parada en Dodro

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou este xoves 12 de setembro o concello de Dodro para entregar a Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero (MAVI), iniciativa que ten como obxectivo fomentar a igualdade e concienciar sobre a necesidade de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...