Once estudantes beneficiaranse das axudas para material informático do Concello de Outes

22 Decembro 2022

O Concello de Outes vén de resolver a concesión de axudas destinadas á adquisición de material informático para estudantes de tódolos niveis educativos residentes no termo municipal. Presentáronse un total de quince solicitudes das cales resultaron beneficiadas once, ao superar as outras catro os niveis de renda establecidos nas bases da convocatoria. As axudas, destinadas a merca de ordenadores, impresoras e outro material informático, están financiadas co POS+2022 destinado a gasto social, sendo a segundo ano que se convocan polo  concello Outense.

O número de beneficiarios foi inferior ao da convocatoria de 2021, onde se atenderon 55 solicitudes, xa que este ano se excluía aos beneficiarios do ano anterior. O alcalde, Manolo González, indicou que grazas a esta liña de axudas facilítase a dixitalización na educación e a igualdade de oportunidades, ademais de favorecer a fixación de familias novas no concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.