O XV Memorial Alejandra Fernández premia á vela infantil e xuvenil dos Optimist e ILCA

17 Decembro 2022
Foto Juan Caballero

O Real de Portosín celebrou unha xornada festiva coa gran cita da Festa da Vela, integrando o XV
Memorial Alejandra Fernández e a recta final do Trofeo Repsol de Cruceiros.

Esta miscelánea congregou a un destacado elenco de veleiros da clase pesada, así como un bo número de embarcacións de vela lixeira que representaban ás modalidades do Optimist e ILCA.
O Dracco, de Pablo Oliver, foi o brillante vencedor da regata dos Cruceiros levándose, ademais, o premio como gañador da Clasificación do RCN Portosín de 2022. Na prata seguiulle o Virginiano, de Juan Anxo
Concheiro, sendo o bronce para o Lubeca, de Manuel Antonio Calo.
Respecto ao Memorial Alejandra Fernández, os vencedores das respectivas clases foron, en Optimist Sub 13, Mario Calzadilla; en Optimist Sub 15, Uxía Botana; en ILCA 4, Carla Sánchez; e en ILCA 6, Pelayo Gómez.
O encontro serviu tamén de marco para a entrega dos premios de tempada, tanto nos cruceiros como en vela lixeira, que se disputaron ao longo deste ano 2022 co apoio nesta última cita de Repsol e Gadis.
A entrega de premios contou coa asistencia do presidente da entidade social, a súa comodoro e o vicecomodoro, Jorge Arán, Fernando González e José García, respectivamente, así como de Jorge Fernández, pai da Alejandra Fernández, e José Gaciño, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Portosín.

Precisamente, o Real de Portosín será o primeiro club de Galicia en iniciar a tempada de 2023 coa regata que celebrará o 7 de xaneiro coa XX Trofeo Presidente.

Outros artigos

A AEP (Portosín) organiza un gran sorteo de 500 euros

A Asociación de Empresarios de Portosín puxo en marcha este mes de decembro a súa Campaña de Nadal 2023-2024, co obxectivo reforzado de impulsar a actividade comercial na vila durante as vindeiras datas ao tempo que se premia e recompensa a fidelidade de veciños e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política”. José Manuel Pena

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

“La felicidad”. José Antonio Constenla

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...