O Rotogal Boiro Voleibol pecha a primeira volta na pista do Textil Santanderina, rival directo pola permanencia

09 Decembro 2022

M.A.- A primeira volta da Superliga de voleibol chega ao seu remate. O Rotogal Boiro Voleibol alcanza o ecuador da competición coa visita (este sábado 10 ás 18.00 horas no Pavillón Matilde de la Torre de Cabezón de la Sal) ao Textil Santanderina. Trátase dos dous últimos clasificados da competición, que acadan a cita con cero puntos no marcador e que buscan osíxeno para aproximarse ao Palma, antepenúltimo con 7 puntos.

Emilio Palacio, adestrador do Rotogal Boiro Voleibol, non dispoñerá de Martín Casais para o
encontro deste sábado. “Esperamos contar con el a partir de xaneiro”, afirma o técnico, que considera que o duelo contra a Textil Santanderina “non é unha final”: “Aínda queda toda a segunda volta, pero sería importante sacar algún punto. Eles reforzáronse moito, cambiaron de adestrador dúas veces, pero pasaron por un mal momento. Unha das claves para gañar será o noso saque, porque sabemos que a eles cústalles recibir nalgunhas fases dos partidos”.

O Textil Santanderina é un recentemente ascendido que busca a permanencia como obxectivo. Iniciada a tempada, incorporou hai un mes ao técnico Marcelo Chino Benavídez, que a pasada campaña militou no Rotogal Boiro Voleibol. Os cántabros, que só sumaron dous sets a favor no que vai de curso, dispoñen dun persoal na que destaca o receptor Raphael Marcarini.

Precedentes
Tempada 2020-2021
Rotogal Boiro Voleibol, 3-Textil Santanderina, 0
Textil Santanderina, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 2

Outros artigos

Detido en Boiro un home por venda de cocaína

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a un veciño da localidade como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras ser sorprendido vendendo cocaína na vía pública. A investigación iniciouse grazas a comunicacións anónimas recibidas, que alertaban...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...