O Pazo de Goiáns acolle esta finde a XVIII Exposición da Camelia Sasanqua

14 Decembro 2022


O Concello de Boiro organiza esta fin de semana a XVIII edición da Exposición da Camelia Sasanqua e Outras. A mostra terá lugar no Pazo de Goiáns e estará aberta ao público o sábado 17 en horario de tarde e o domingo 18 pola mañá e pola tarde.

O evento vai contar con 40 expositores de Galicia de diversas zonas de Galicia e tamén de Asturias.

Durante a mostra vaise expoñer tamén unha colección de láminas de Manuel Hermida.

A mostra deste ano inaugurarase ás 17.00h e comezará coa plantación dunha camelia nos xardíns de Goiáns, un exemplar de sasanqua doada por Begoña Franco. Ás 17.30 horas terá lugar no interior do inmóbel a presentación do Proxecto paisaxístico dos xardíns do Pazo de Goiáns realizado por Rafael Ovalle.

A mostra de camelias poderase visitar no interior do Pazo de Goiáns o sábado en horario de 17.00 a 20.30 horas e o domingo pola mañá de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.