O Nadal na Pobra brinda a opción de conciliar tamén polas tardes

22 Decembro 2022

A Pobra do Caramiñal incorpora á programación do Nadal dúas actividades focalizadas en proporcionar conciliación laboral nas tardes para lles outorgar maiores facilidades ás familias nunhas datas en que a rapazada está de vacacións, segundo avanza a concelleira da Igualdade e da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra).

Así, ao obradoiro do Nadal que transcorre na quenda de mañá súmanse os seguintes servizos de balde: o Espazo de Coidados Divertidos e o Nadal Móbil.

O primeiro será o día 26 de decembro ao 4 de xaneiro, de luns a xoves, en horario de 17.00 a 21.00 horas. O punto neurálxico será o toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán, onde haberá obradoiros relacionados con esta época do ano a cargo de monitorado especializado, pintacaras e inchábeis para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. Requírese a inscrición previa no propio espazo. Ademais, no día 2, os paxes reais recollerán as cartas das nenas e nenos.

A segunda das accións tamén busca dinamizar o mercado situado no Cantón da Leña. Por iso, nos días 23 e 30 de decembro habilitarase un Nadal Móbil con diversas actividades para as crianzas. Será das 18.00 horas en diante e non é necesario anotarse previamente. En caso de chuvia, cancelarase.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.