O Nadal chegou ao CAD da Pobra

19 Decembro 2022

Papá Noel achegouse estes pasado 16 de decembro ao Teatro Cine Elma para visitar e coñecer ás preto de cen persoas usuarias do CAD (Centro de Atención á Discapacidade) da Pobra, tanto do centro ocupacional coma do Servizo de Atención Temperá, co gallo destas datas tan sinaladas.

Puidéronlle trasladar así os seus desexos e aqueles agasallos que quedaron pendentes de escribir nas cartas. Tamén recibiron agasallos de diversa índole doados por GADISA, ademais de cadansúa bolsa de larpeiradas.

A maiores, o CAD loce decoración típica desta época do ano como bonecos de neve, a árbore do Nadal, un reno ou unha caixa do correo para depositar as cartas, entre outros elementos. A colocación de ornamentación festiva trátase dunha acción que se desenvolve noutras celebracións segundo apunta a concelleira dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, Amparo Cerecedo (BNG).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.